Gabinete Psicolóxico Solucións

Unha viaxe de mil millas comeza co primeiro paso

Cun empuxonciño, e non sen medo, o 2 de marzo de 2021 abre o Gabinete Psicolóxico Solucións.

Cargada de ilusión, motivación e cariño en sobredosis, inicio esta viaxe para facer o que realmente me gusta e por satisfacer a miña necesidade de empatía, a miña xestión emocional e por qué non, egoístamente, axudar aos demais, porque sempre me levo máis do que dou.

Neste gabinete están os meus días de darlles voltas, papeleos, burocracia, etc. pero ao fin penso que logramos un espazo especial, no que se respira acougo, e no que espero iniciar moitos camiños xunto ás persoas que me permitan percorrelos con elas.

Entón en Solucións... que facemos?

Facemos sesións de Terapia Sistémica Breve.

Gabinete