Quen son?


Chámome Silvia Silva. Son psicóloga Xeneral Sanitaria e Terapeuta Familiar
Realicei os meus estudos entre dúas Universidades, a de Santiago de Compostela e Málaga. Nesta última obtiven o meu título de Suficiencia Investigadora, cunha Tesina sobre os Obxectivos na Terapia Sistémica Breve.
Dediquei varios anos á miña formación en Terapia Familiar ata chegar ao nivel Avanzado.
E aquí estou, despois de moitos anos traballando por conta allea, decido abrir o meu propio lugar de encontro cas persoas que desexen charlar comigo sobre o que lles preocupa.
Pero... ¿qué me troixo ata aquí?
Sin ánimo de aburrir a ninguén, dende moi pronto souben o que quería ser de maior. Na miña casa recibíamos periódicamente unha revista, na que ao final de todo viña unha columna sobre Psicoloxía e líaa unha e mil veces.
E contra todo prognóstico (os desacordos familiares sobre a saída laboral da Carreira) comecei en Santiago de Compostela, cidade da que gardo uns gratos recordos.


Tras concederme unha beca, funme a Málaga e alí cambiou a miña perspectiva e a miña forma de entender, pensar e facer terapia. Xunto a José María Rodríguez y Alberto Morejón, descubrín que hai un mundo máis alá do DSM e que hai unha forma de facer terapia moito máis responsable (polo menos para min) e respectuosa coas habilidades, recursos e ferramentas que os «clientes» traen á consulta.
Explicarei noutra sección o porqué da miña elección, detallando en que consiste e nos sumerxiremos nalgunha que outra anécdota persoal.
A todas as persoas que chegáchedes ata aquí, grazas.
