O gabinete
Facemos sesións de Terapia Sistémica Breve.
Esta é unha corrente dentro da psicoloxía que nace a principio dos anos 70 e onde o importante son as relacións e interaccións que se producen entre as persoas (sistemas), que á súa vez pertencen a outros sistemas (familia, parella, etc.) e onde calquera cambio/dificultade nun dos sistemas, inflúe no resto.



Observamos os acontecementos de xeito circular e multicausal cunha visión interactiva das relacións interpersoais a través da comunicación (outro factor extremadamente potente nesta corrente).
A clave é acurtar a terapia poñendo o foco nos obxectivos claros e precisos que nos axuden a afrontar unha dificultade nun número limitado de sesións.
Optimizando recursos, sendo máis prácticos e menos analíticos; as persoas veñen á consulta coas súas habilidades-recursos, e en ocasións as solucións que polo motivo que sexa, non se ven.
